
Última Hora
26 de decembro de 2008
A
asociación supramunicipal Neira, que engloba a varios Concellos da Costa Dá
Morte, anunciou que tomará medidas xudiciais contra as empresas Monbus e Autos
Vázquez polo reiterado incumprimento que desde fai mais dun ano, concretamente
desde que adquiriron a concesión das rutas que antes explotaban Arriva e
Castromil, están levando a cabo no servizo.
AVIM
Desde a nosa agrupación estivemos mais de seis meses
reclamando á dirección de transportes unha solución que finalmente non chegou,
malia as promesas que nos foron realizadas persoalmente por dona Mar Chao,
directora de transportes da Xunta, debido ao desinterés que a Concellería
demostrou polo problema e, probablemente, ás presións empresariais do sector.
Lamentamos que o Concello de Muros non se some a esta iniciativa de Neira en
defensa dos seus cidadáns, pero animamos a tódolos usuarios a apoiar esta
esixencia polo ben do servizo e as comunicacións de toda a zona.