|
O Barrio |
||||
|
|
||||
|
So si convén
Utilizo a miúdo o camiño da Fonte Vella para dirixirme desde o meu domicilio ata o centro do pobo e xa non recordaba desde cando puiden camiñar por esta rúa sen andar entre herbas e maleza, non podía deixar de avergoñarme cada vez o ver como mesmo diante do centro da terceira idade, presidido po-las bandeiras que o identifican como un edificio público pertencente o Concello, crecían sen control toda crase de malas herbas comendo case a metade do camiño e dándolle a zona unha imaxe de sendeiro de aldea terceiromundista. Fai uns días que volvín a percorrer esa rúa e atopeina impoluta, sen unha soa herba, sentín a sensación de estar nun sitio diferente, notei unha sensación de anormalidade cando o normal debería ser que estíbese así sempre. Isto foi para min unha proba mais do absoluto descaro que teñen os nosos políticos e de que maneira condicionan a cotián da vida das persoas os seus intereses persoais e partidistas. Algo que debería resultar normal por ser un servizo de mantemento e limpeza convertese nun acontecemento especial cada catro anos por obra e maxia das eleccións. Os nosos políticos son como aqueles que viven na merda e limpan so cando lle veñen visitas, trampear o día a día que xa levantarémolo cu cando non nos quede mais remedio. Vaia vontade de xestión. |
||||
Inicio
Fotos
Historia
de Muros
Contacto
Dereitos reservados