Alternativa Vecinal Independiente muradana

InicioPlenosA PeneiraOpiniónsColaboraciónsParroquiasComentario

A Peneira

16 de agosto de 2008

Xa non se pecha o porto


Hai unhas semanas desatouse o rumor de que a Concellería de portos ía pechar as instalacións portuarias ao tráfico, impedindo así utilizar as mesmas como aparcadoiro, o cal crearía un gran prexuízo para Muros xa que hoxe en día é un dos nosos principais problemas. Andaron solicitando firmas para evitar que isto se levase a cabo e, a pesar de participar co noso apoio e estar de acordo coa iniciativa, cremos conveniente saber quen, ou quen, eran os artífices da mesma. Por mais que preguntamos a quen tiñan as follas expostas ninguén nos soubo dicir de onde saíra a iniciativa, o cal non nos parece normal, xa que se están utilizando as identidades e o compromiso dos veciños para unha reclamación, e os cidadáns teñen dereito a saber quen xestiona os seus datos persoais e as súas firmas. A pesar de todo, e estando de acordo coa reivindicación, os membros de AVIM apoiaron a mesma e colaboraron coa súa firma, aínda que non tomaron parte debido a que ninguén solicitou o seu apoio como agrupación cidadá. A nosa sorpresa, aínda que non tanto, deuse cando saíu a nova en prensa de que Caridade González, naquel momento deputada provincial, declaraba que ela conseguira que non se peche o porto, de momento, grazas á súa mediación ante o Concelleiro de portos, casualmente do seu mesmo partido. Precisamente a nosa información é que o porto se pecharía nun prazo de tres anos, mais ou menos o que falta para as eleccións locais. Desde AVIM preguntámonos se dona Caridade quixo darnos a entender que en caso de non ser ela elixida alcaldesa nas próximas eleccións procederase ao peche das instalacións portuarias, porque de ser así estaríamos ante unha clara chantaxe política cara á poboación, coaccionándonos con esas declaracións para que se lle vote a ela a cambio de non ser castigados coa vara da súa influencia no actual goberno da Xunta.. Pareceríanos algo moi grave que unha represéntante do noso concello utilizase técnicas mafiosas para alcanzar o poder e vingarse daqueles que non apoian a súa forma de ver a política e a súa forma de actuar na xestión pública. Como aínda somos novos nisto preguntámonos: ¿É así a democracia?. Por certo, nada volvemos a saber das firmas solicitadas nin o que se fixo con elas.


4 de xuño de 2008

Festas de San Pedro

    Ante os rumores escoitados no pobo sobre a non celebración das festas de San pedro preguntamos directamente o alcalde canto puidera haber de verdade en isto, e aínda que a súa resposta non foi tallante, si nos dou a entender que estes rumores non teñen fundamento, e sen moitas explicacións cualificounos como declaracións sen ningún sentido. Sabemos da falta de liquidez no noso Concello pero consideramos algo impensable a supresión das festas do noso patrón. Por este motivo confiamos nas declaracións do noso primeiro edil e contamos un ano mais cos festexos patronais.

Castelo Rock

     Correuse tamén o rumor de que están a poñerlle atrancos a celebración do festival de Castelo Rock, respecto a este tema o alcalde declarou que non teñen ningún inconveniente ca concesión dos permisos pertinentes pero que si hai problemas para concederlle o permiso de acampada na praia do Castelo que solicitaron, pois o cumprimento da legalidade non lles permite este tipo de actividades. Non he , po-lo tanto un problema de vontade política senón un problema de cumprimento das leis vixentes o respecto


 

10 de maio de 2008

Apróbase o plan de protección do casco histórico de Muros

Nun pleno extraordinario celebrado onte aprobouse o plan de protección do casco historico despois de dez anos de iniciado o seu proceso de elaboración.


3 de maio de 2008

Crecendo a pasos axigantados

    Queremos expresar o noso agradecemento e a nosa satisfacción po-la acollida que esta web está tendo entre todos aqueles que se interesan po-lo noso Concello, e sentímonos orgullosos de haber chegado no mes de abril case as 2000 solicitudes das nosas páxinas, exactamente 1958, e no que vai de ano foron 3499, ata o día de hoxe, 3 de maio de 2008.

    Os visitantes distintos dende a posta en marcha da nosa web son 752 en seis meses, e as visitas totais foron 1340 no mesmo período de tempo, sendo 5318 as solicitudes totais nos últimos seis meses, esta tendencia indica un crecemento dende a posta en marcha da nosa web de un 54,34% mensual nas visitas e un 169.6% nas solicitudes de páxinas. Estes números indican a rápida difusión do noso sitio en crecemento e o interese dos muradáns por estaren informados do que acontece no seu Concello. A este ritmo esperamos acadar axiña os 300 visitantes distintos o mes e superar amplamente as 6000 solicitudes mensuais, o cal nos converte na páxina de información local mais vista no Concello.  Grazas a todos por confiar en nos e po-la vosa impagable colaboración, Xuntos faremos de Muros un Concello libre e transparente.


Mirando por Muros

    Non fai moito tempo, e referente o interese amosado por este goberno respecto o inmoble do antigo cine de Carcamán, a consellala da oposición, a sazón deputada provincial na área de cultura, dona Caridad González, comprometeuse, nun pleno municipal abarrotado, a influír na Deputación para conseguir que a mesma financiase gran parte do custe de esta operación. O alcalde do Concello tomoulle a palabra quedando en reunirse para chegar a un acordo en canto fose posible.

    A semana pasada, a mediados de abril de 2008 acordaron unha cita na Deputación coa señora Caridad a que asistiron o alcalde, don Domingos Dosil, en compañía de outro membro do goberno.

    Pois unha vez presentados na Deputación e logo de unha longa espera, a deputada por Muros non se dignou a recibilos, facéndolles un desplante en toda regra, nin tan sequera se acercou a desculparse, exhibindo desta maneira a súa condición de deputada provincial representante do noso Concello, que despreza a Muros a través dos seus representantes democraticamente elixidos. Esta mesma persoa e quen expón nos plenos e na prensa o seu interese por Muros, quen tenta loitar po-lo benestar dos muradáns aproveitando calquera furaquiño nas fotos para saír nos medios, pero logo amosa ca súa soberbia e malos modos cal e a súa verdadeira intención política, Humillar o goberno, rirse dos muradáns e aumentar o seu ego e a súa ambición de poder.

    Desde un principio non estibemos de acordo ca idea de adquirir para o Concello o cine de Carcamán, parécenos innecesario, inútil, e moi custoso, ademais de eliminar unha boa posibilidade para a inversión privada que seria moito mais beneficiosa para a economía muradán, pero sentímonos indignados como cidadáns deste Concello que unha veciña do mesmo que ten a posibilidade de conseguir cousas para o mesmo aproveite o seu cargo para levar a cabo vendetas persoais, desprezando a todo o Concello por medio dos seus gobernantes. Si esta e a súa idea de loitar po-lo noso Concello, esperamos sinceramente que nunca mais teña ocasión de gobernalo, pouco ben lles pode facer os seus veciños quen nos repudia desta maneira.


Proyectos

A Deputación proxecta reparar a estrada de Campo das Cortes a Louro, Domingos Dosil reuniuse con Fernández Moreda para estudar o proxecto que ascendería a un custe de 700.000€.


Ver nova Correo Gallego


Viase vir

Readmitidos tódolos ediles do BNG que foron rexeitados no seu momento por non seguir as directrices marcadas en Santiado, que sorpresa tan grande para aqueles que nos creemos en algún momento que o goberno autonómico xa non dirixía a nosa política municipal igual que creemos que os reis magos chegaran de oriente a o 5 de xaneiro.


Ver novas


Un concello atípico


A oposición no Concello de Muros non deixa de sorprendernos cada día o tempo que nos da a razón os que sempre sostivemos que os políticos antepoñen os seus intereses os do pobo. A nova e da Voz de Galicia con data do 11/10/2007 e aparecería tamén o día seguinte no Correo Galego. O artigo de Don Xosé Manuel Sande, correspondente do devandito periódico na comarca muradana, e coñecido por todos nos po-la súa obxectividade e neutralidade periodística, déixanos sorprendidos, xa que a nosa capacidade de asombro e limitada a pesar de esperarnos calquera cousa da clase política, pois non fai tanto tempo que escoitamos a xefa da oposición e deputada provincial por Muros, dona Caridad González, dicindo na televisión do Barbanza que Muros no ia ter un porto deportivo porque non era economicamente viable para o noso concello, isto o dixo a candidata do POSE en campaña electoral e figura nas hemerotecas. Pois ben, a mesma persoa que fai menos de cinco meses rexeitaba o proxecto do porto deportivo para Muros aludindo a inviabilidade económica e o facía público na televisión e na prensa, aparece agora enarborando o seu interese po-la economía dos seus conveciños e como xefa da oposición, dicindo que, “Además de promover la actividad de los deportes náuticos, servirá para dinamizar el turismo en la zona, lo que contribuirá en consonancia con otros proyectos que la Diputación de A Coruña desarrolla a través del plan de dinamización de la Costa da Morte, a mejorar la economía muradana.”, referíndose o mesmo porto deportivo que ela rexeitou desde o Concello cando era Alcaldesa e gobernaba o seu partido. ¡Asombroso!, non temos palabras para definir a política que practica o PSOE, despois da nova do cine París e desta publicada ultimamente non sabemos que dicir. O que si temos claro, xa que o que a nos o que nós interesa e o progreso para o Concello, e que nos alegramos de que cambiase de idea e bote una man desde a Deputación, e oxalá siga ocupando o cargo de deputada e xefa da oposición Muradana por moitísimo tempo, pois está demostrando aportar moito mais o Concello en cinco meses de oposición que nos tres anos que ocupou o cargo de alcaldesa, aínda que teñamos claro que o fai por amolar o actual goberno. O que antes non era bo para Muros agora convertese en logros de quen se desvive po-la su terra. ¡Chapó!. En todo caso, benvido sexa todo aquilo que beneficie o noso Concello, aínda que sexa a consecuencia de una loita de poderes entre partidos, si así vai adiante o Concello alegrámonos.


Podedes ver a nova da Voz en PDF pinchando
aquí


¿A quen non interesa o Porto Deportivo?


Segundo a nosa información, durante o goberno anterior ofreceron nos desde a Xunta unha subvención para a construción do Porto Deportivo de Muros, unha obra que se adxudicaba o noso Concello igual que se fixo co Freixo e outras localidades costeiras. Os nosos representantes naquel momento rexeitaron esta oferta sen que ata o de agora se soubese sequera que tal subvención nos era concedida. É, a todas luces, misterioso que algo durante tantos anos reivindicado po-los cidadáns e prometido po-los partidos sexa rexeitado cando no lo ofrecen sen teremos que gastar un euro do Concello, tan só deberíamos facilitar a situación do mesmo. O mellor non interesa perder argumentos nas eleccións, pero, agora que estas xa pasaron, esperamos que non se volva a actuar de forma tan prexudicial para o Concello, si non saben logo que prometer nas próximas será que non teñen moita imaxinación para construíren o tan cacareado progreso.

Queremos aclarar que a información que facilitamos en esta web chéganos de fontes fiables e moita dela mesmo dende o propio Concello, po-lo cal, se algo do que aquí publicamos non se correspondera ca verdade e así se nos demostrase, publicariamos inmediatamente a correspondente corrección ca conseguinte desculpa pública. Queremos deixar claro que a nosa intención non he, para nada, sacar a luz casos concretos ou persoais, as nosas denuncias son globais y tan só pretendemos sacar a luz as inxustizas que se cometan ou cometeron, si estas denuncias prexudican, directa ou indirectamente, a terceiras persoas que se viron ou ven beneficiadas por accións ilegais do goberno, moi o noso pesar, serán incluídas como parte da irregularidade e a nosa denuncia farase extensiva a tódolos participantes da mesma.

AVIM e unha agrupación formada por moita xente, po-lo cal ningún dos seus membros utilizará estas páxinas para ataques a persoas ou entidades sen mais, queremos representar a toda a cidadanía e por isto denunciaremos as inxustizas que afecten a maioría da mesma.



avim@villademuros.com

Copyright AVIM, Muros 2008    ecoestadistica.com