|
O Barrio
|
|||||
|
|
|||||
|
Desta guisa se topa a estrada de San Xosé, desfeita po-los vehículos pesados que participaron na execución da obra do centro de día, Desde fai moitos meses vimos sufrindo os problemas que o peche do paso peonil de toda a vida e a eliminación total de aparcadoiros en toda a zona, está a causarnos, obrígannos a facer un longo percorrido po-la estrada, arriscando a nosa integridade i evitando os buratos e as charcas que adornan a rúa, sen beirarrúas nin sitio onde apartarse en caso de topar con algún vehículo que se nos bote encima. Esta situación e moito mais grave habida conta que po-la zona pasan unha grande cantidade de xente maior que se dirixe a igrexa tódolos días a maña e a noite, mulleres que se xogan a diario o físico para poderen cumprir coa súa devoción e poderen exercer o seu dereito a desprazarse libremente. O peche do paso po-la Alameda e un insulto para aqueles que teñen dificultades de mobilidade, que se ven na obriga de percorreren 200 metros mais para facer o mesmo camiño, correndo risco de seren atropelados, e para a xente que ve como se gastan miles de euros en habilitar certas zonas do Concello para facilitar a mobilidade mentres se dificulta a mesma naqueles sitios que non frecuentan as autoridades. Non topamos aínda persoa no pobo que non se sinta sorprendida con semellante falta de sentido común. Parece ser que so os iluminados que nos gobernan consideran unha actuación necesaria pechar beirarrúas, eliminar aparcadoiros e crear problemas de tráfico. ¿Cando chegará alguén o concello con un mínimo de sentidiño?
|
|||||
Inicio
Fotos
Historia
de Muros
Contacto
Dereitos reservados