O Barrio


 

 

Ver fotos

 

O can do Hortelano

     Nin come nin deixa comer. Esta e a actitude do goberno respecto a reivindicación feita po-los veciños para que non se cerrase o paso peonil da Alameda.

     A pesares de ser tan sinxela a solución do problema exposto po-los veciños respecto a anulación do centenario paso peonil, tal era o cambio do proxecto feito po-lo anterior equipo de goberno, sospeitosamente afeccionado tamén a prexudicar a certas zonas veciñais, probablemente pouco favorecedoras  na loita electoral, aplicouse unha vez mais a soberbia do poder e triunfou, como sempre, a nula capacidade de dialogo e a pouca vontade democrática dos que alcanzan o poder sen preparación nin capacidade, chegando a ocupar uns cargos de xestión do público tan so po-lo feito de formaren parte de unha determinada formación política, e actuando en todo caso, unha vez conseguida unha posición de poder, como improvisados caciques amparados nun sistema de liberdades que eles mesmos non respectan o ignorar a demanda popular e facer caso omiso das necesidades expostas po-los veciños.

     No caso concreto do servizo da alameda para o barrio, o Concello levou a cabo un proxecto no que non se tivo para nada en conta as necesidades dos veciños afectados e a pesar das demandas e os argumentos esmagadores dos mesmos no referente o dano que se lle facía o barrio o feito de priváreno totalmente de aparcadoiros e deixaren a xente sen paso peonil obrigándolles a poñer en perigo a súa integridade física.

     Agora ese tan necesario e urxente Centro de Día atópase desde fai meses en estado de total abandono, as instalacións non foron aínda dotadas de mobiliario e as herbas comezan a comer espazo dándolle as instalacións un aspecto de antigo centro deshabitado, pero para isto se pechou o recinto privando o bario do pouco espazo público do que dispoñía para o servizos básicos de mobilidade e estacionamento.

     E dicir, que desde fai moitos meses estamos abocados a incomodidade diaria, o cabreo colectivo e a padecer en silencio o constante deterioro dos nosos dereitos o tempo que vemos indignados como se están a deteriorar día a día unhas instalación faltas de mantemento e inutilizadas, mentres moitas persoas seguen a esperar a posta en funcionamento de un servizo que, po-lo momento tan so sírveo para xustificar, como case sempre, unha gran inversión económica, como tantas outras, a que non se lle quita o rendemento adecuado. Unha vez mais, a consigna e gastar diñeiro para logo ver se mereceu a pena, o caso e mover caixa,

     Non deixa de ser patético que esteamos reivindicando un servizo básico nun barrio das características do noso, solucionable con unha inversión mínima e un pouco de vontade política, mentres puidemos ver atónitos como desde fai meses se están gastando centos de miles de euros en levantar unhas beirarrúas, que non facía nen dous anos que habían sido inauguradas, para volver a facelas de novo, tan so por gastaren un diñeiro que, presuntamente, axudaría a levantar a economía e que non serviu mais que para  xustificar gastos e concesións e como vergonzoso exemplo do que pode chegar a ser o atrevemento e a impudencia


InicioFotos Historia de MurosContacto

Dereitos reservados