

![]()
A.V.I.M e unha agrupación veciñal creada para aglutinar a
tódolos cidadáns co obxectivo de controlar as accións do goberno local e tomar
parte activa nas decisións que afecten o desenvolvemento presente e futuro do
noso Concello.
O noso obxectivo e introducir no concello a democracia real facendo partícipes
das decisións a tomar a os verdadeiros afectados po-las mesmas, xestionando de
forma racional os recursos locais e facilitando así o despegue económico, e
mediante o mesmo alcanzar o benestar social freando así a constante sangría
migratoria a que nos vemos obrigados por a escandalosa falta de recursos
laborais no concello, cas consecuencias que isto carrexa, tanto no ámbito
familiar como no referente a o crecemento do noso concello.
A.V.I.M non e un partido político mais,. O noso funcionamento interno e o dunha
asociación veciñal na cal todos formamos parte do goberno e na que ninguén se
poderá arrogar decisións que non sexan previamente consensuadas en asemblea, os
representantes da agrupación no concello serán elixidos democraticamente por
maioría e actuarán en representación dos correspondentes representantes veciñais
que lles farán chegar as opinións e necesidades dos veciños, estas obrigas
faranse constar nuns estatutos internos que deberán ser aceptados por todos e
cada un dos membros da agrupación con dereito a voto, sendo os mesmos elixibles
i electores, comprometéndose mediante documento firmado a acata-las normas que
rexan esta agrupación, tendo a mesma, por maioría, poder para remover do seu
cargo a quen non cumpra cas súas obrigas para cos cidadáns, evitando de este
modo que aqueles que entren a representar o pobo no concello terminen faltando
os principios que nos rexen.
O noso obxectivo e cambiar a forma de gobernar en Muros, conseguir que sexan
xestionados adecuadamente os recursos dos que dispoñemos e facer o que realmente
necesitan os veciños e non o que sexa conveniente para ningún partido ou persoa
en particular.
Consideramos que, ata o de agora, non se estivo a xestionar ben o concello i esa
mala xestión estámola sufrindo tódolos habitantes do mesmo, e o que e peor,
tamén a están a sufrir os nosos fillos, que non teñen futuro certo na súa terra,
isto implica que, mentres uns viven moi ben e ven o futuro dos seus fillos con
tranquilidade, outros temos que asumir a separación ou mantelos hasta que non
podamos mais. As consecuencias de estas separacións estanas a sufrir tamén os
maiores que, de seguir así, deberan afrontar sos o tramo final das súas vidas.
Non bastan paseos e comidas de confraternidade para chegar dignamente a vellez,
a familia e algo insubstituíble para percorrer con serena dignidade o camiño da
decadencia, por elo todos debemos loitar xuntos por un futuro esperanzador.
Por esta razón estamos aquí e buscamos a vosa colaboración neste proxecto
dirixido a todos cantos vexan a necesidade de un cambio real e de una forma de
goberno realmente democrática, todos os días durante todo o ano, non só cando
hai eleccións.