|
O Barrio
|
||||
|
|
||||
|
San Xosé e un barrio composto en grande medida por edificios de vivendas, así como edificacións municipais dedicadas a servizos. Isto fai que exista una considerable cantidade de xente vivindo nun espazo relativamente pequeno e que a trasfega, tanto de vehículos como de persoas, sexa abundante en comparación con outros barrios residenciais do Concello. Actualmente estanse a remocicar varios dos inmobles na zona. Concretamente a chamada casa do Fiel, e o edificio San Xosé, E fai moi pouquiño se terminaron as obras nas Casas Baratas estas actuacións das comunidades destas fincas daranlle o barrio unha imaxe de frescura e modernidade, non acorde, por desgraza, o estado da estrada, beirarrúas e infraestruturas dependentes do Concello, que está a facer deste barrio moderno e cada vez mais activo un feudo municipal o acaparar todo o solo para obras do Concello impedindo os veciños e visitantes facer uso do espazo público, cerrando as beirarrúas i eliminando aparcadoiros, facendo dun barrio dinámico e moderno unha especie de recinto acoutado privado das mais elementais infraestruturas para facilitaren a vida dos veciños . Grazas as decisións do Concello todos cantos peóns percorren a zona se ven na obriga de xogarse o físico circulando a pe po-la única estrada que comparten con coches, camións, autobuses e toda crase de vehículos a motor, actividade que supón un grande resgo para os habitantes do barrio e para todos cantos pasan por aquí en dirección a Igrexa ou simplemente visitando a zona. Este barrio está composto principalmente de novas construcións na súa parte alta, entre o vello cemiterio e a Igrexa parroquial, onde as mas antigas vivendas non superan os sesenta anos. O barrio nace detrás da Casa do Concello e esténdese cara arriba ate a estrada de Miraflores, a cal ocupa dende o cemiterio vello ate o cruce coa estrada que sube a Campo das Cortes. Nos últimos anos esta zona experimentou un notable crecemento urbanístico e demográfico, así como de servizos públicos, ata converterse nun dos barrios mais poboados e populares do Concello. Mediante esta páxina, os veciños de San Xosé, intentamos facer públicos os problemas e as carencias que sufrimos debido a nula inversión municipal en infraestruturas que compensen o crecemento urbanístico e a oferta de servizos municipais. |
||||
Inicio
Fotos
Historia
de Muros
Contacto
Dereitos reservados