

![]()
27 de novembro de 2008
No pleno celebrado o xoves 27 de novembro de 2008, no primeiro punto da orde do
día procedeuse á aprobación das actas anteriores onde a portavoz socialista
solicitou fixésese unha modificación nunha delas e expresou a súa protesta polas
alusiones que, segundo ela, fanse ao seu grupo por parte do alcalde logo de
habelos expulsado do pleno, razón pola cal votaron en contra.
No segundo punto tratouse o plan de obras e servizos para o
ano 2009. O concelleiro de obras procedeu a expoñer as accións a tomar nalgunhas
das parroquias, concretamente en Esteiro e no acceso á praia de Ventín na
Abelleira así como as actuacións a tomar en Serres, na zona do centro médico,
onde se pretende construír o heliporto. Ante esta escasa proposta de
investimento que discrimina a cinco das sete parroquias Muradás, Belarmino
Maneiro procedeu a falar dos fillos pobres do Concello, que, segundo el, son
discriminados nos orzamentos un ano tras outro. Sobre este tema houbo unha serie
de intercambios de opinións e acusacións mutuas referentes ás actuacións duns e
outros na ejecución de obras no Concello. O alcalde fixo uso da palabra para
dicir que estaban tendo moitas trabas desde as consellerías socialistas para
levar adiante proxectos necesarios para Muros, ata deu a entender que podería
haber algunha man negra que desde o propio Concello de Muros intenta prexudicar
o avance do mesmo. a proposta foi aprobada cos votos a favor do equipo de
goberno.
No punto 3 trat
No punto catro expúxose a presentación de decretos e actas do
goberno local e non houbo votaciones ao ser un punto informativo.
En rogos e preguntas a portavoz da oposición solicito
información a preto de quen contratou o saneamiento de Muros e porque motivo non
está aínda en funcionamento. A esta pregunta contesto o alcalde acusando ao PSOE
da mala xestión na contratación por parte do seu partido, no goberno por aquel
entón, ao non separar as augas residuales das pluviales, o cal carrexará graves
problemas na infraestructura por unha falta de responsabilidade á hora de
afrontar a obra. Logo Doña Caridade centro toda a súa enerxía en expoñer unha
serie de preguntas achega da piscina de Muros, deixando claro que a súa
principal obsesión neste tema é a cesión, novamente, das instalacións a empresa
ESPROADE, coa cal parece ter unha especial relación. Unha das súas principais
demandas é o impedimento da ejecución do aval que dita empresa ten co Concello.
Ademais, doña Caridade, expuxo unha serie de deficiencias que ela mesma recoñece
xa existían cando se acelerou a apertura da mesma por motivos electorais;
deficiencias que nunca foron reparadas durante o tempo en que ela foi alcaldesa
e que agora pretende achacar aos actuais gobernantes. A xefa da oposición fixo
inca pé na imposibilidad de tomar o acordo de investimento por parte do goberno
para afrontar a apertura da piscina, aclarando que faría o posible por impedir
que a apertura