O Barrio


Fotos

Historia de Muros

 

 

 

 

 

Da antiga Galicia non quedou nada como expresión gráfica da súa cultura, tan so  os bosques sagrados  como representación simbólica de un Deus innominado.

Existen en Galicia probas do tránsito deste misterioso pobo. A multitude de mesas de pedra que branquean o noso territorio así o demostran. O monte do Pindo na comarca de Muros, preséntanos notables exemplares.
    Os Celtas foron chamados galos po-los romanos ou gálatas po-los gregos, nomes que non son mais que unha variación gramatical do nome dos Celtas na súa propia lingua. O nome Galicia deriva dos Celtas por seren estes os que habitaron estas terras antes da conquista romana. Esta e a versión mais aceptada a pesar de que existen diferentes teorías o respecto.

A pesar das grandes diverxencias sobre o asentamento de pobos gregos en Galicia, parece indubidable a súa permanencia en determinados lugares da nosa costa, entre eles Muros, como proba diso temos a multitude de nomes  de lugares que nos rodean e que aínda perduran na linguaxe muradán. Algúns exemplos son as seguintes palabras gregas: Caabeiro, Pindo, Oleiros, Lira, Ézaro, Freán, Broa ou boroa, Alalá, Artesa, Filloa,Toxo, Tolo ou Toleirón, Moucho, Ameixa, Berberecho, Estrobo, Sacho, Carqueixa, magoar, Bruyos, Meixidos, Simiela, Leixóns, etc. Moitos mais nomes puideran citarse pero bastan estes exemplos para dar forza a afirmación de que Muros e seus arredores foron visitados po-los gregos.
Tamén os Fenicios tiveron presenza nas nosas costas, sobre todo en Bayona, A Coruña i entre as rías de Arousa e Muros. Sofán, Barcala, Arcos, son nomes fenicios. Créese que o tradicional Alalá dos pobos galegos ten o seu orixe  no refrán final dos cantares fenicios.

As primeiras probas da nosa historia remóntanse a Galicia Celta como principio de unha civilización que arribou as nosas costas en naves gregas. Na decadencia destes foi cando viñeron os fenicios que explotaron as minas de estaño e ámbar e construíron faros. A estes lle sucederon os cartaxineses, un pobo guerreiro e artista que, unido os galegos, derrotan os romanos en Cannas e Trasimeno, hasta que vencidos en Zama deron lugar a conquista romana cuxa influencia dou un enorme impulso a nosa civilización ca edificación das súas vías, túneles, pontes e castros.

    Ca decadencia do imperio romano envolto no rebumbio dos cabalos de Atila, grandes loitas destruíron aquel emporio de poder e civilización. Roma foi tomada por Alarico e arrasada por Genserico. Do desorde producido xurdiu a dispersión dos pobos e dou lugar a chegada a Galicia de razas xermánicas . os Suevos, “fillos do mar”, dominaron Galicia entre os anos 409 e 586. O rei godo, Leovigildo, “O Arriano”, decidiu incorporar a súa coroa os reis católicos Suevos, borrando así a nosa preponderante nacionalidade. Aqueles pobos primitivos non nos deixaron rastro visible da súa dominación. Outro pobo, mais avanzado sen dubida, sucedeu a aqueles pobos primitivos e soubo legar a herdanza dos Celtas, un pobo culto que aparece definido na nosa historia con carácteres propios, deixándonos os dolmens como mostra das súas tradicións e crenzas.

Era, Fraula, altamente amigo das pompas, e non saia do seu palacio se non era debaixo de un arco de ouro, prata e flores, cuxos extremos debían levar dous condes ou capitáns do seu reino, e nas procesións figuraba sempre baixo o seu arco seguido de ostentosa corte, razón po-la cal recibiu o nome de “O Fastoso” . En moitas comarcas galegas , e Muros unha delas, queda o recordo desta costume o adoptar os nenos no mes de maio, mes das flores, o traxe de Reis coroados baixo arcos de flores que sosteñen po-los seus extremos dous rapaces engalanados e seguido de varios mais que forman a maneira de corte ou séquito.
    A vila de Muros, a causa da súa remotísima antigüidade, e un deses pobos que a historia nomea de un modo confuso o estudar a Galicia primitiva.. Debido sen dúbida a que os historiadores antigos ,Strabón, Ptolomeo, Mela, Plimio, e demais ilustres sabios da antigüidade, cuxas obras son as únicas fontes de estudio e consulta das que podemos dispoñer, tomaron os datos de relacións e novas e non sobre o terreo o que se fai referencia, xa que ningún deles pisou nunca Galicia e as súas obras están fundadas en narracións e novas que lles deron, boas ou malas. Existen sen embargo restos prehistóricos descubertos en diversos lugares, especialmente as estacións de arte rupestre da Idade do Bronce ou os restos da calzada romana fronte á illa da Creba.


    Segundo o historiador muradán, Don Ramón de Artaza e Malvárez, e no seu xuízo persoal, derivado das súas investigacións e opinións sobre o Muros prehistórico, cabe supoñer que, dada a situación asignada, a importancia da súa Ría e o seu Porto e a gran supervivencia de vocábulos e costumes de orixe grego que aínda hoxe subsisten en Muros e seus arredores, sexa o porto principal dos gregos arrotrebas, o ARROTREBARUM PORTUM dos romanos, a vila de Muros, sendo O Freixo, po-la súa disposición e proximidade, o secundario, ou o SECUNDUM ARROTREBARUM POR
TUM citado. Outros investigadores modernos, (F. López Cuevillas) relacionan os antigos habitantes de Muros coa tribo dos SUPERTAMARICOS que Plinio e Mela mencionan que confinaban o norte cos NERIOS de Fisterra, estando os TAMARICOS, en consecuencia, antes, e dicir en Noia e o Freixo, xa que a preposición súper indícanos sobre eles. Estes pobos tomarían o seu nome do río TAMARIS, (Tambre), quedando os supertamaricos mais o norte, na marxe esquerda da ría, e dicir, por encima de estes.

    Mellado, no dicionario universal da historia e xeografía de 1848, describe a Muros como unha vila que se atopa nun terreo desigual e que e de antiga fundación. Ten, por aquel entonces, 790 veciños e 3.912 habitantes. O seu partido xudicial e de entrada e comprende 35 parroquias con 4.712 veciños e 23.659 habitantes. A súa fermosa ría e de unha gran riqueza pesqueira e de condicións semellantes a Ría de Vigo, a que lle sigue en importancia; e de gran calado, (19 a 23 brazas no centro), e extensión, (23 quilómetros ata o Tambre), capaz para toda clase de operacións. E fermosísima, ampla, profunda e pintoresca; a menos accidentada das catro rías baixas. Ofrece soberbias perspectivas, ondulacións harmoniosas, campos e outeiros de brillante verdor, praias i enseadas suaves. A península Muradá está circundada po-lo Atlántico. Fala tamén este autor da situación xeográfica, dos seus barrios e de moitas mais cousas referentes a Muros que podedes atopar na obra de Don Ramón de Artaza, (historia de Muros y su Distrito).

    Xa na idade media, despois de ser Muros habitado por diferentes razas vidas do norte de Europa,  comezou a desenvolverse como vila, sendo poboada como tal no século once, ainda que a existencia do pobo de Muros como lugar habitado e moi anterior as concesións de Sancho IV, O Bravo, (1286), que xa daba a Muros como existente o dicir: “hauiendo grant fabor a leuar la puebla de muro adelante e de les facer mucha merced”, así que o que Don Sancho levou a cabo foi unha serie de concesións tales como o foro de Benavente, co que se poboaron a maior parte dos lugares de Galicia, estendendo así a súa xurisdición, circunscribindo seu entorno e sinalándolle múltiples prerrogativas tendentes a un maior desenvolvemento, dándolle con elo una destacada importancia, o ordenar o asentamento fixo nela de autoridades e empregados, e o procurar o desenvolvemento das súas industrias pesqueiras, do seu consorcio e da súa navegación. E si a antiga Igrexa parroquial de San pedro de Muros e do século X, (900-1000), como así se cree, xa constaba con unha existencia anterior como poboado, tendo esta edificación un valor documental. O nomeamento como Vila levouse a cabo entre os anos 1188-1230 po-lo Rei Alfonso IX de León, pois así o manifesta o documento no que consta a doazón da vila de Muros a igrexa do Apóstolo feita po-lo Rei Fernando IX o 8 de agosto de 1299 o dicir:, “et damosgela con toda su alfoz et con aquellos términos que dio el Rey Don Alfonso cuando la pobló”, sen embargo creemos mais acertado supoñer que a repoboou, debido sen dubida os desastres sufridos po-los constantes ataques da piratería almorábide, (século XI, 1043-1148) , que foi a raza dominadora da España árabe, que tiñan  asentamentos na illa Da Creba i en Monte Louro, para, desde alí, atacaren as poboacións cristiáns que se atopaban o longo da costa galega e portuguesa, e dos ataques turcos e normandos, que a reduciron a extremos de penuria”. A existencia de Muros como poboado e moi anterior os séculos XII e XIII en que aparece citado nas concesións de Alfonso IX e Fernando IV.
    E de supoñer  que o Muros primitivo ocupase o mesmo lugar que o actual, pero mais repregado, circunscrito o terreo que hoxe ocupa a Casa do Concello , e o que, rodeado de praia, po-lo múelle do sur e volvendo po-lo Castelo sube po-lo río chamado da torre ata volver o Concello por riba da Colexiata e a rúela que vai a antiga alameda. A súa situación neste lugar debeu obedecer, sen dúbida, a motivos de defensa da poboación ante os ataques da piratería turca
e árabe, que, o parecer, ante a baía non daban vista o pobo por atoparse escondido no repregue que forma o terreo neste punto, dando lugar así a súa defensa e fuxida en caso necesario, aparte que se tiña vixiada a entrada da baía desde Rebordiño e o alto da Atalaia, onde había situadas torres de vixilancia.

    Podemos deducir que os ARROTREBAS ós que daba Don Ramón Artaza como habitantes de Muros non lles correspondería esta denominación e si a de SUPERTAMARICOS e o seu porto PORTUS TAMARICUS, así como O Freixo o de SECUMDUM PORTUS TAMARICUS, po-la súa proximidade e menor importancia, situados ambos na rexión do TAMARE, na súa desembocadura, habitada po-los pobos PRETAMARICOS. Muros, pois, debeu ser o gran porto destes, non so po-lo que afirman escritores da antigüidade, senón po-la súa situación, tomando o nome destas tribos primitivas que deron o mencionado río. Segundo Plinio, as ARAS SEXTIANAS localizábanse nos pobos TAMARICOS e parece que estiveron nunha península que hoxe e illa na desembocadura do río Tambre e que se chama “A Creba”.
    A vila de Muros era coñecida antigamente ca denominación MOR!DUNOM, xa existente como pobo urbano o verificarse a conquista da península po-los romanos nos séculos II e I antes de Cristo.

    Escasos son en cambio os datos da presenza dos cartaxineses no noso solo, este pobo de guerreiros e artistas tomou en consideración  a elevada cume da roca D’A MOA, no monte Pindo e da Pena SENREIRA en Fisterra sen deterse en complexas edificacións xa que a súa presenza en Galicia tivo so un carácter excursionista. No noso pobo non quedou vestixio algún do seu paso. Foron expulsados po-los romanos, con unha importante axuda dos nativos.
    Ca vitoria de Zama comezou a conquista romana de España, aló po-los séculos II e I antes de Cristo. Estes estendéronse por Galicia latinizando os nomes de varios pobos nos que principalmente fixaron a súa atención establecendo vías militares a través das montañas e marítimas o longo das nosas costas como medios de progreso e colonización. Unha desas vías militares ía desde A Coruña ata Muros pasando por un pobo que denominaron CLAUDIONERIUN, (aldea de Coluns, cerca de Zas), e desde ese punto partía tamén outra vía cara a Pontevedra pasando por Padrón. O plan das Rías “per loca marítima” tiña como obxecto unir os pobos da costa entre NOELA, (Noia) e PORTOS ARTABRORUM, (Cee ou Corcubión), enlazando con pobos como DUGIUM, (Duyo) ou MORODOM, (Muros). Moitos lugares pertencentes, ou moi achegados, a xurisdición de Muros foron ocupados por familias romanas, como proban algúns fragmentos e restos de inscricións sepulcrais, unha case completa foi atopada en Olveira, (Ponte Olveira) i e a seguinte. 

BONIS MANIBVS POSVIT
MATERNO RVSTICI FLABIA VXORI
PIENTISSIMA ANNORVM
TRIQVINTA QVATOR POPULI
ROMANI QVAE TITVLVM
FIERI MANDAVIT. SIT. TIBI
TERRA FLAVIA LEVIS.


“Aquí sepultou Materno, fillo de Rústico a súa muller Flavia, moi piadosa, de trinta e catro anos, filla do pobo Romano, a cal mandou se lle fixera este sepulcro. A terra, Flavia, che sexa lixeira.”


    Como xa dixemos, ca caída do imperio romano establecérense en Galicia  os Suevos, pobo do que case non quedan sinais na comarca muradá se nos afastamos do único indicio, que e o nome  da aldea chamada Suevos no Concello de Mazaricos. Outra sinal que parece arroxarnos algunha luz e a costume tradicional galega, que en Muros se conserva i e coñecida co nome “Dos Maios” cuxo orixe data de un feito curioso do reinado dos reis Suevos que imos a relatar:
Foi Fraula un conde suevo que ocupou varios pobos nas montañas de Asturias. Teodorico II, rei dos Godos, consentiu que fose elixido Rei ca condición de ser tributario.

Consta que a antiga , “Puebla del Muro”, nos seus primitivos tempos, estaba edificada cara a parte sur, o que he hoxe O Concello, A colexiata e as fábricas de Pérez e Portals, na ladeira do monte que sube o Muíño do Vento, atalaia e Espírito Santo, e que tiña como divisoria o que abarca desde o río chamado Da Torre as proximidades do actual barrio de San Xosé, rodeado no seu fronte po-la costa e o mar, e po-los outros lados os indicados montes. E nada se fala nin consta de que  estivera cercada de muros nin defendida en maneira algunha, pero si que foi atacada en múltiples ocasións po-la piratería. Posteriormente foi rodeada dunha muralla, pero xa en época mais recente, que debeu corresponder a cando a Vila foi doada o Señorío do Apóstolo Santiago, de cuxos tempos data tamén a fortaleza coñecida co nome de TORRE DA VILA DE MUROS, do dominio arcebispal compostelán.

Esta defensa amurallada limitábase o contorno poboado, reducido a un pequeno circuíto que, partindo do actual Concello, sitio onde se atopaba a Porta da Vila, formada por dúas elevadas torres, seguía cara a dereita ata a torre do reloxo público, subindo por un camiño entre hortas ata a alameda e a Colexiata, e continuando po-la parte alta de dita igrexa chegaba ata o regato chamado Da Torre, paralelo o cal baixaba ata a praia xunto a fábrica de Portals. Nesa época, a vila estaba dividida en dous barrios, a Cerca e A Xesta, divididos po-la muralla con 18 torres almenadas.
    O escudo do concello conserva os emblemas de Castela e León como recordo da súa dependencia dos soberanos daqueles reinos; as dúas vieiras, que acompañan a unha carabela, refírense á súa dependencia compostelá.

    A carabela fai alusión á participación dos navíos locais na conquista de Málaga en 1487. O Concello que gobernaba a vila reuníase no atrio da igrexa de San Pedro e alí deliberaban tamén os integrantes do gremio chamado Mar de Muros. No ano 1452, o rei de Castela, Juan II, cítao como un dos máis grandes portos de Galicia, habilitándoo para exportar e importar. · Nel cabían máis de 50 barcos, segundo o relato do cardeal Hoyo, que o visitou no século XVII.
    Pouco antes, no 1544, a boca da ría foi escenario da batalla de Muros, na que a escuadra francesa foi derrotada pola española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán.

    Na guerra da Independencia padeceu un terrible ataque das tropas napoleónicas que esnaquizaron a vila en pouco máis de doce horas. Aquí naceron os tres famosos bispos do mesmo nome: Diego de Muros. O máis coñecido foi Diego de Muros II, secretario do cardeal Mendoza. El foi quen lles deu aos Reis Católicos a idea de facer o Hospital Real de Santiago, actual Hostal, e quen fundou, en 1501, o Estudo de Humanidades que daría orixe á Universidade compostelá.
    A principios do Século XIX, empresarios cataláns instálanse en Muros para inaugurar as fábricas de salgadura que deron prosperidade á vila. En xaneiro de 1905 afúndese o Cardeal Cisneros, buque da Armada Española que acababa de saír de porto. Máis de 500 persoas salváronse grazas ao pobo muradán que os acolleu nas súas casas. Por iso, o pobo de Muros foi declarado Moi Humanitario polo Rei Afonso XIII. Muros foi declarado Conxunto Histórico - Artístico en 1970.
    Un paseo polas súas rúas e soportais cheos de historia, de monumentos, fontes e cruceiros, transportaranos por un momento á Idade Media.



    A maior parte da información que aquí aparece está sacada da obra de Don Ramón de Artaza e Malvárez. “Historia de Muros y su Comarca”


InicioFotos Historia de MurosContacto

Dereitos reservados