

![]()
6 de setembro de 2008
Triste espectáculo
Esta mesma mañá levouse a cabo unha
concentración de simpatizantes do PSOE no Curro dá praza aproveitando a
convocatoria dunha manifestación que se estaba preparando para reivindicar a
apertura da piscina municipal, convocatoria que logo foi aprazada ao alcanzar a
organización da mesma un compromiso co goberno local polo cal acordouse esperar
á resolución que se tome no pleno extraordinario que se celebrará o día 12 deste
mesmo mes.
Ante o aplazamiento desta concentración, que probablemente
intentarían utilizar para exercer presión sobre o goberno e convertela nun acto
propagandístico para o seu partido, os afiliados do PSOE muradano distribuíron
polo pobo octavillas chamando aos cidadáns a asistir ao mediodía para apoiar
coas súas consignas contra o alcalde e o seu equipo de goberno. En ditas
octavillas non figuraba ningunha clase de información achega da organización nin
reivindicación a levar a cabo. Repartíronse a última hora utilizando nenos para
a devandita tarefa, e non se seguiron os pasos estipulados para este tipo de
actos, como son a comunicación á subdelegación do goberno informando que
entidade ou persoa é a convocante do acto.
De tódolos xeitos, e no seu empeño por derribar ao goberno de
quenda, a concentración levouse a cabo, sendo a mesma un total fracaso, xa que
terminou demostrándose como unha simple reunión de incondicionales que se
dedicaron a proferir berro
4 de xuño de 2008
Imos a por monbus
Debido a falta de vontade da Xunta por solucionar o problema exposto po-la empresa Monbus no referente os servizos anulados unilateralmente, tanto no concello de Muros como nos veciños de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, afectando tamén a todos os concellos que se atopan na ruta de esta empresa cara a Santiago e os recortes levados a cabo tamén na Costa da norte. Despois de levar mais de 8 meses en negociacións ca dirección de transportes da Xunta mediante conversacións mantidas con Dona Mar Estévez e coa directora deste sector, Dona Mar Chao, Así como as denuncias expostas por escrito nesa Concellería e a entrega de mais de 1300 firmas reclamando os dereitos dos cidadáns; e ante a falta de solucións dadas por parte do noso goberno autonómico, quen fai caso omiso das queixas dos cidadáns en favor dos intereses económicos de unha empresa privada, desde AVIM decidimos levar a cabo medidas de presión para conseguir que esta empresa de transporte cumpra coa súa obrigación. Esta agrupación porase en contacto cos prexudicados de tódolos concellos limítrofes para levar a cabo medidas dirixidas a facer publica a desidia dos nosos gobernantes autonómicos e obrigar a Monbus a restaurar tódolos servizos que adquiriu coa compra da concesión que cubría a empresa Arriba. Estas medidas consistirán en denuncias os medios de comunicación e manifestacións populares en contra da política da Xunta o respecto e como medida de presión a empresa de transporte.
4 de xuño de 2008
Piscina municipal
O respecto do problema existente coa xestión no mantemento das instalación da piscina municipal, e logo de haber escoitado os argumentos dados po-la empresa concesionaria, a cal se comprometeu a pensar como dar resposta as reclamacións que se lle fixeron no seu momento, e visto que non tomou ningunha clase de medidas para emendar as deficiencias existentes, puxémonos en contacto directo co primeiro edil muradán, Domingos Dosil, que nos explicou os motivos po-lo cal se están a producir estes problemas .
O señor alcalde do Concello recibiunos moi amablemente e deunos a súa versión dos feitos, na cal nos explicou os motivos po-lo cal a empresa concesionaria non esta a cumprir co contrato que asinou no seu momento cando lle foi concedida a explotación das instalacións. Segundo o primeiro edil as alegacións da mesma respecto a súa falta de vontade na reparación dos danos que se están a ocasionar nas instalacións é a non rendibilidade económica da mesma, non querendo, po-lo tanto investir un só euro no mantemento das instalacións pero non estando disposta tampouco a rescindir o contrato para permitir que sexa outra a empresa quen se faga cargo do servizo. A empresa esta a presionar o concello para que sexa este quen faga as inversións necesarias para o mantemento das instalacións, algo o que o concello se nega xa que estas accións entran nas condicións do contrato de cesión, po-lo cal é a empresa que debe correr cos gastos de mantemento. Esta mesma semana teñen previsto manter unha reunión para tratar o tema, pero o xefe do goberno cre que o asunto finalizara nos xulgados ante a posición intransixente da empresa concesionaria. Puidemos entender que a hora de conceder a explotación das instalacións puidera haber outras ofertas que , quizás, deberían ser tomadas en conta co obxectivo de ter un servizo de calidade, pero que se valoraron outras cousas po-las cales se xe concedeu a esta empresa, que agora, ante as inversións necesarias para poder manter as instalacións en condicións abandona descaradamente as súas obrigas, prexudicando directamente os socios usuarios destas instalacións, que pagan por un servizos que se están vendo cada vez mais deteriorados, “goteiras no ximnasio, falta de hixiene nos vestiarios e servizos reducidos e insuficientes . Desde o Concello tan só se lle esixe a concesionaria que cumpra con estipulado no contrato, cousa que, segundo Domingos Dosil non está a facer.
Como a empresa non quixo darnos unha explicación convincente do orixe de este conflito e desde a alcaldía se nos informou sen ningún problema e con claridade, desde AVIM aliñámonos co Concello nas exixencias de cumprimento do contrato e esiximos da empresa concesionaria as inversións necesarias para solucionar as deficiencias existentes, advertíndolle desde xa que de non facelo denunciaremos as mesmas os organismos correspondentes, non descartando a reclamación xudicial de danos e prexuízos ocasionados po-lo mal funcionamento das instalacións.
7 de maio de 2006
Piscina municipal
O pasado venres 2 de maio houbo, nas instalacións da piscina municipal de Muros, unha reunión entre unha pequena representación de unha gran parte dos usuarios das instalacións e o xefe encargado da concesión do complexo. Na mesma tratáronse temas referentes as continuas queixas dos abonados respecto as deficiencias que se veñen dando ultimamente nas instalacións.
Si ben o encargado da empresa concesionaria non deixou clara a súa postura no referente as diversas melloras e reparacións que se lle expuxeron, alegando problemas de fondo alleos o noso coñecemento que lles limitan nas súas decisións respecto as inversións necesarias, si amosou vontade para sacar adiante esta situación que esta a prexudicar tanto os usuarios como a imaxe dun servizo por moitos anos demandado no noso Concello. Logo de expoñer cada parte os seus argumentos, a empresa, comprometeuse a establecer un novo horario para a sauna, que era unha das principais razóns de protesta. O novo horario dispón a utilización deste servizo dende as 18:00 ata as 22:30 de luns a venres po-las tardes, e a adaptación dos horarios de mañá e fin de semana para que a gran maioría dos usuarios poidan facer uso deste servizo.
Demandáronselle tamén melloras nos vestiarios consistentes na dotación de esterillas e bancos para poder mudarse con certa comodidade e garantir as condicións adecuadas de hixiene. Respecto a esta demanda, o representante da empresa, pediu paciencia e algún tempo para tomaren unha decisión, si ben amosou interese por dar solución a isto tamén, pero amosouse reticente a investir diñeiro nas instalacións alegando problemas de fondo que non especificou e que nos, dende AVIM, tentaremos coñecer, xa que, sexa quen sexa o culpable destes atrancos na xestión, non queremos que se vexan prexudicados os usuarios da piscina e do ximnasio, que nada teñen que ver nas disputas entre políticos e empresas. Queremos que estas instalacións permanezan abertas e tan so denunciamos as irregularidades que se están a dar na xestión por motivos escuros que ninguén nos explica.
Vacacións en Muros
"Hola dirixome a vos porque non sei onde dirixir a miña
preocupación. Son una rapaza de Lugo que leva anos veraneando no voso concello,
namorada do entorno, das praias, das xentes, das festas...
Pero este ano presentousenos un pequno problema, nestas vacacións de semana
Santa acercamonos, coma todolos anos, e levamonos unha desagradable sorpresa, o
camping no que pasabamos todo o verán, estaba pechado e sen trazas de puidese
estar preparado para o veran. Queria pediros axuda para que podamos ir ainda que
seña sen ter todolos servicios."
Elda pérez Somozas
Lugo
Correo electrónico recibido na nosa agrupación por unha asidua visitante o noso
Concello o que nos gustaría dar unha resposta oficial. Esperamos que alguen do
goberno se poña en contacto con nos
Seguimos loitando para que “Monbus” cumpra o convenio.
A pesar de que as xestións levadas a cabo ca Xunta de Galicia deron os seus
froitos e obrigaron a “Monbus” a restablecer o servizo entre Muros e Suevos, a
empresa, sen embargo, non está a cumprir escrupulosamente co convenio xa que tan
so restableceu dous dos servizos diarios, un de ida e outro de volta, e a un
horario moi pouco servizal para os usuarios, si a isto engademos que os fins de
semana non están a cumprir co servizo, razón po-la cal os estudantes se ven na
obriga de seguir viaxando por Santiago, está claro que esta empresa segue
facendo das súas e que non cumpre en absoluto co convenio, por este motivo
continuamos ca nosa petición a Xunta para que se lles obrigue a cumprir cos
enlaces nos horarios e condicións que antes tiña a empresa Arriva. Estamos en
contacto ca dirección de transportes da Xunta e confiamos en conseguir o noso
obxectivo. Temos que agradecer a boa disposición da dirección de transportes o
respecto, aínda que supoñemos unha gran influencia de esta empresa nas altas
esferas, xa que non se entende de outra maneira que podan incumprir tan
descaradamente unha directiva autonómica, pouco menos que ríndose de tódolos
cidadáns da comarca de Muros e Costa da Morte, así como tamén da Xunta de
Galicia que e quen da ou quita as concesións de transporte, algo que non parece
intimidar no mais mínimo os propietarios de dita empresa, xa que seguen a facer
o que lles ven en gana de cara a mellorar o seu rendemento económico en prexuízo
dos intereses dos cidadáns e burlando as leis que regulan as concesións do
transporte. Desde AVIM non deixaremos de loitar po-lo dereito que temos a unhas
comunicacións dignas co A Coruña. Se para “Monbus” a ruta das Paxareiras non e
rendible que a ceda a empresa que fai Suevos - A Coruña, que está interesada en
facer o servizo completo cumprindo cas demandas dos cidadáns e coas directivas
autonómicas o respecto.
Con data de 13 de marzo de 2008 enviamos a Dirección Xeral de Transporte o seguinte fax.
Logo de moitas conversas telefónicas mantidas con esa secretaría de transportes,
nas cales fomos sempre moi ben atendidos por dona Mar Estévez, quen amosou en
todo momento unha excelente disposición para tentar dar solución as nosas
demandas con respecto os servizos de viaxeiros que foron suspendidos
unilateralmente po-la empresa “Monbús”, despois de haberse feito esta cargo das
rutas que antes cubría a empresa “Arriva”, queremos manifestar que, a pesar de
haber sido asumida a nosa reivindicación, “Monbús” segue a incumprir ca súa
obriga de dar un servizo adecuado, tanto en Muros como en Carnota, Cee e
Mazaricos.
Despois de varias reclamacións feitas en nome dos veciños desta comarca, e de
haber presentado mais de 1300 sinaturas nesa Consellería reclamando a reposición
do servizo Muros-Suevos, púxose en contacto con nos dona Mar Estevez
asegurándonos que nunha reunión mantida entre a responsable de transportes e a
empresa, esta última se había comprometido a restablecer os servizos de enlace
con “Autos Vázquez” ,encargada da ruta de Suevos-A Coruña, ca mesma frecuencia
que cumprían con esta ruta as empresas consignatarias da mesma anteriormente, as
cales fixeron sempre o percorrido completo desde Muros ata A Coruña , cumprindo
así ca súa obriga de atender unha ruta que lle foi concedida en explotación po-la
Xunta de Galicia, organismo encargado de velar po-los intereses dos cidadáns, e
como organismo público, única propietaria das estradas que as empresas de
viaxeiros utilizan con exclusividade para explotar un negocio que se basea en
ofrecer os usuarios un servizo a cambio de unha concesión en exclusiva de
determinadas rutas.
Se nos asegurou tamén que dita empresa se comprometía a facer públicos, e poñer
en coñecemento dos usuarios, os horarios de saída e chegada destes servizos.
Pois ben, a pesar de que se restableceu parte do servizo esta empresa segue a
rirse de tódolos veciños de Muros e as comarcas lindeiras incumprindo a maior
parte do convenio de concesión, que supoñemos, lle seria outorgado ca condición
de manter os servizos necesarios para unha digna comunicación entre os Concellos
afectados, incumprindo descaradamente co seu compromiso para cos cidadáns, e,
consideramos que, facendo caso omiso as directrices dadas po-la dirección de
transportes, xa que restableceu un so servizo, cuns horarios esperpénticos, non
publicou os mesmos nin o comunicou de maneira ningunha os usuarios, os fins de
semana non ten ningún servizo, precisamente cando mais falta lles fai os
estudantes que se desprazan ata a cidade herculina, e non cumpre ca coincidencia
dos horarios obrigando os viaxeiros a esperaren mais de vinte minutos po-lo
coche que enlaza desde ou cara a A Coruña. Todo isto co único obxectivo de
dificultar a utilización de esta ruta alternativa, moito mais curta e rápida, os
habitantes do noso Concello, ca clara estratexia de obrigalos a viaxar nos seus
autobuses por Santiago, co conseguinte beneficio económico, para eles, i en
prexuízo dos usuarios, que deben pagar mais, tardar mais tempo e adaptarse a uns
horarios que se incumpren case sempre por razóns de rendibilidade.
Consideramos que non ten sentido que esta empresa manteña a concesión desta
ruta, xa que lle e claramente deficitaria e non e a súa intención dar un servizo
adecuado na mesma. “Autocares Vázquez” está en disposición de cubrir a ruta
completa desde Muros ata A Coruña cuns servizos adaptados as necesidades dos
usuarios, están dispostos a asumir o compromiso de comunicar a nosa comarca ca
principal cidade da provincia con uns horarios e frecuencias dignas.
Solicitamos po-lo tanto que o organismo correspondente esixa inmediatamente a
empresa “Monbús” que cumpra cos enlaces necesarios para as comunicacións do
Concello, e de non facelo se lle retire a concesión da ruta e lle sexa concedida
a “Autocares Vázquez”, ou calquera outra empresa que este disposta a facer o
percorrido. Consideramos denigrante para os cidadáns a actitude dos directivos
de esta empresa de transporte e non entendemos porque a Concellería lle permite
a unha empresa privada dispoñer o seu antollo do tempo, o diñeiro e a comodidade
de miles de persoas. Desde a nosa posición como representantes de moitos veciños
de este Concello imos levar a cabo as accións necesarias para que a Concellería
cumpra ca súa obriga de defender os intereses comúns dos cidadáns, por enriba
dos intereses económicos de empresas privadas.
Non fai moito puidemos ler nun importante diario galego, en relación a este
tema, que a Xunta esta a facer controles para comprobar que as empresas de
viaxeiros cumpren cos convenios, e no referente a esta ruta en concreto, dicía
que, segundo a información da xunta, se había levado a cabo nun fin de semana un
control e non se atopou ningunha anomalía no servizo. Isto fainos pensar que a
mesma Xunta esta a tomarnos o pelo, non atoparon anomalía ningunha porque o fin
de semana non hai servizo, non poñen ningún coche. Non queremos pensar que a
actuación de esta empresa sexa consecuencia de algún amiguismo ou influencia
política, po-lo cal desexamos que a actuación da Xunta respecto a este problema
sexa inmediata e rotunda. O noso goberno ten a potestade e o poder de facer
cumprir a leis e a obriga de acadar o ben común para a cidadanía, o so feito de
consentir a unha empresa incumprir os seus compromisos beneficiándose
economicamente do uso de unhas infraestruturas públicas e unha
irresponsabilidade política e unha falta de respecto para con aqueles que pagan
os seus soldos e os elixen precisamente para que non permitan abusos como o que
esta a facer “Monbús” con varios miles de persoas.
Non pararemos ata conseguir que Muros e os Concellos lindeiros volvan a ter as
mesmas comunicacións que tiñan antes de esta manobra empresarial, po-lo cal non
descartamos levar a cabo mobilizacións conxuntas cos usuarios dos Concellos
veciños que tamén están sendo prexudicados por mor dos intereses económicos de
esta empresa.
Non e a nosa intención facer política cos temas que afectan os cidadáns senón
atoparlle solucións, por esta razón esperamos unha pronta resposta antes de
enviar esta mesma nota os medios de comunicación e pensar en exercer outras
medidas dirixidas a facer respectar os nosos dereitos.
Agradecendo de antemán o seu interese por solucionar rapidamente este conflito
lle saúda moi atentamente.
Alternativa Vecinal Independiente Muradana. “AVIM”
O parque Infantil necesita mantemento
Son moitas a nais que levan os seus fillos a xogar no parque infantil muradán, e
moitas as que acudiron a nos para expoñernos o seu descontento co actual estado
do mesmo. Fai tempo que desde esta plataforma informativa vimos denunciando este
tema, e non so para o parque de Muros, senón tamén para os do resto do Concello.
Parece ser que desde o concello se comprometeron a daren solución a estas
reivindicacións, razón po-la cal decidimos dar a correspondente consellería un
marxe de confianza.Nas fotos pódese apreciar o deterioro das instalacións de
recreo para os nenos. Esperamos unha pronta e adecuada solución, e o dicirmos
adecuada queremos dicir que se faga todo canto se deba, non parches para gañar
tempo. Desde aquí expoñemos o, que o noso entender, se debería facer para que os
parques cumpran ca súa función, que non he outra que garantir o divertimento e a
seguridade dos nenos:
Un peche adecuado para facilitar a vixilancia das nais e que evite a
posibilidade de que algún neno saia a estrada.
Substituír ou reparar tódolos aparatos en mal estado, cambiando tamén tódalas
pezas de madeira que supoñen un perigo debido as rachaduras, achas e superficies
que poden ferir a alguén.
Colocación de un chan de caucho acolchado para evitar traumatismos por caídas.
Pulido e repintado de tódolos xogos.
Reparación dos bancos de madeira e colocación de outros dentro do recinto
pechado para a estancia das nais ou acompañantes dos rapaces.
Seguro que, ademais das nosas recomendacións, os encargados do Concello neste
tema teñen outras ideas para mellorar os lugares de ocio infantil i esperamos
que pronto vexamos como con boa vontade e gañas de mellorar as levan a cabo.
O noso patrimonio
O lavadoiro de Campo das Cortes, parte do noso patrimonio, usualmente visitado
po-los turistas en época estival, da unha pésima imaxe do noso interese po-lo
patrimonio presentando un aspecto ruinoso, sucio e abandonado, este lugar, que
como tantos outros, forma parte da nosa historia, está a deixarse perder por non
ter un mínimo mantemento, algo que e totalmente factible, pois chega un home
dous ou tres días o ano para mantelo en condicións. Esta pequena construción,
esta construída en pedra, tanto os lavadoiros como as columnas que serven de
soporte a un tellado que desentoa bruscamente co conxunto, pois e de pranchas de
uralita roxa, nada de tella do país como a que o Concello obriga os veciños a
utilizar nas reformas dos inmobles que forman parte do patrimonio
arquitectónico. As herbas e a maleza están, pouco a pouco, a facerse donas de
tan representativo lugar sen que ninguén mande alí unha persoa a limpar un pouco
aquilo. Dicir que a menos de 30 metros atopase a casa do alcalde, que pasa
tódolos días po-lo lugar e mesmo o ve desde a súa fiestra.
¿Esto que e?
O lavadoiro do Chalón, obra por certo restaurada non fai moito, e un dos mais
claros exemplos da desidia que desde fai anos se estableceu neste noso Concello.
O tellado foi usado como almacén cando fixeron a fastosa obra das ramplas, todo
un exemplo de enxeñería sen sentido, cemiterio de millóns o que ninguén ata
agora le atopou utilidade. Pois o devandito tellado foi esnaquizado po-los
propios obreiros municipais que botaron sobre el toda crase de materiais e
ferramentas usadas na monumental obra. Acabáronse os cartos pero non se terminou
a obra, como sempre, e tampouco se arranxou o tellado nin os danos que se
ocasionaron no Chalón, por certo, parte importante do noso patrimonio histórico.
Así está desde fai varios anos un dos lugares mas representativos do noso pobo.
prestade atención a parede que se atopa xunto o camiño, Deus queira que non pase
nada.
Socabóns
Os covos na estrada seguen a ser unha incógnita para nos , non entendemos porque
motivo non se levan a cabo reparacións que teñen un custe mínimo e lles evitan
un gran problema os cidadáns, se non se fan aquelas cousas que están o alcance
dos recursos do Concello e difícil entender como se pretende levar a cabo
actuacións que custan moitos miles de euros. Tódolos veciños que teñen coche
están a padecer as consecuencias dunha estrada que pon a proba a resistencia das
mellores máquinas. Comprendemos que estamos cas obras e debemos ter paciencia,
pero hai cousas que poden axudar a levar este calvario que estamos a sufrir, e
que tan so precisan un pouco cemento e un par de homes unhas horas. Cando as
cousas se fan mal a culpa e de quen as fai, pero esperamos que alguén con
sentido común as corrixa, e moi sinxelo e os cidadáns estaranlle agradecidos.
Por outra parte, a empresa que está a facer as obras da depuradora, que xa
comentaremos sobre ela no seu momento, poderíaselle esixir que deixe a estrada
en mellores condicións nos sitios onde xa tapou, ¿ou e que xa non se vai
reparar?, porque si se vai reparar, cousa que supoñemos lóxica, poderían vilo
facendo xa segundo van acabando de tapar os covos e o menos non sufririamos
tanto as consecuencias de unha obra que vai para largo, nin os coches nin os
comercios e casas que se ven afogados en po tódolos días. Aquí quedan unhas
fotografías para que tomen conciencia dalgunhas cousas que se poderían mellorar
sen necesidade de pedir subvencións. Iso tamén e gobernar.
O tubo da discordia.
Como podedes ver nas fotos que tomamos a pe de obra, o desafogo da depuradora
sae mesmo na praia do Castelo. Falamos cos encargados da devandita obra e nos
dixeron que non hai resgo xa que ese desafogo so vertería o mar en caso de que
se avariara a depuradora ou se fose a luz, cousa difícil que ocorra a primeira e
case que imposible a última, pois xa todos sabemos que en Muros fai moitísimo
tempo que non falta a luz. Po-lo tanto deberiamos estar todos tranquilos pois o
tubo de marras so o puxeron para adaptarse o presuposto pero non ten ningún
perigo. Temos que pedir desculpas por denunciar esta circunstancia xa que so a
nos se nos pode ocorrer pensar que en Muros poda faltar a luz. Comprendemos que
haxa xente que considera as nosa queixas mera publicidade para facernos notar e
vexan neste tubo unha acción responsable e acorde cas actuacións municipais en
relación o progreso. se unha fabrica verte o mar e un delito ecolóxico, se o fai
o Concello mediante a depuradora e progreso. Menos mal que somos pouquiños os
que nos dedicamos a denunciar estas irregularidades tan so por molestar e atacar
a aqueles que non teñen mais preocupación que O Concello. Por eso nos vivimos de
isto mentres que todos eles traballan para a sociedade totalmente gratis. quen
nos acusa de oportunistas negase rotundamente a firmar esta denuncia o igual que
a que facemos pedindo a restauración do servizos de autobús entre Muros e A
Coruña po-las paxareiras, xente que realmente mira po-lo benestar do Concello e
non po-los intereses do seu partido. Percorrendo as diferentes estación de
bombeo puidemos comprobar que a da Virxe do Camiño tamén verterá directamente a
praia a través do río do Furón, por certo, a praia marisqueira mais importante
do Concello. En canto a central da Bouga, so tende que ver as fotos, non sabemos
aínda ben se verterá na ribeira ou sacarán os tubos afora porque aínda non está
acabada, o que si temos claro e que se atopa moi cerca da praia de San
Francisco, a mais concorrida do Concello, e o cheiro que esas instalación van
producir pensamos que será importante, co cal o turismo pódese ver afectado.
Fotos
O
Castelo -
A
Virxe -
A Bouga
Para matar a alguén
No calexón do Trono, xunto o cine de Carcamán, hai un tubo de baixada de uralita
suxeito apenas por unha brida que xa está podre. Co vento de nordeste, este tubo
abanea perigosamente e pode caer en calquera momento ocasionando danos
irreparables nas persoas que por alí pasasen nese momento, e urxente que sexa
enviado alguén alí para retirar inmediatamente o mesmo. O igual que este tubo
hai en todo o Concello moitos perigos como consecuencia de inmobles arruinados
que en calquera momento poden ocasionar danos físicos ou materiais. O concello
dispón de cuadrillas municipais que deberían revisar todas estas construcións en
ruínas, potencialmente perigosas. Esta actuación non tería ningún custe extra
par o concello e sería unha moi necesaria intervención en pro da seguridade dos
cidadáns.
Puidemos comprobar a día de hoxe, 16 de
agosto de 2008, que esta bajante foi substituída por unha nova de PVC. Non
sabemos se tivo algo que ver a nosa denuncia pero nos alegramos que se tome en
conta a opinión dos cidadáns. Devandito tubo levaba moitísimos anos sen que
ninguén se dignara tomar medidas respecto diso ante un perigo real, por fin
podemos pasar tranquilos pola zona.
Nas fotos pódese ver o estado no que estaban estas baixantes antes de ser substituídas.
Fotos
As estradas precisan mais que liñas amarelas
As sucesivas reparacións nas estradas dende fai moitos anos, reparacións
maioritariamente mal feitas, deixaron en moitas zonas as tapas dos sumidoiros
moi por debaixo do nivel do pavimento, esta chapuza fai que os condutores, para
evitaren unha fochanca que en ocasións supera os dez centímetros de fondo e dana
os vehículos, fagan unha manobra para esquivalos que consiste en abrírense cara
o centro da calzada, esta manobra e especialmente perigosa nas curvas sen
visibilidade, en case todas elas nos atopamos con un de estes desafíos o sentido
común. En Muros son especialmente coñecidos os que se encontran na curva da
igrexa e na curva da subida po-la estrada da igrexa, fronte o restaurante o
Castelo, agás de moitas outras que dende aquí pido me sexan comunicadas po-los
veciños para proceder a correspondente denuncia. Pedímoslle tamén os veciños das
diferentes parroquias se poñan en contacto con nos para poderemos reclamar tamén
os seus dereitos e denunciar as irregularidades que están a soportar.