|
O Barrio
|
||||
|
|
||||
|
Escrito reivindicativo entregado no Concello o 11 de outubro de 2010 co apoio de 738 sinaturas.
Veciños de San Xosé e arredores, (MUROS)
No barrio de San Xosé construíuse, xa fai tempo, o centro de preescolar, o centro cultural e o antigo centro médico que agora se transformou en centro de atención de día para a terceira idade, o facer esta última obra elimináronse 20 prazas de aparcamento, case todas as existentes na zona, e o paso peonil que desde fai séculos ven sendo a única alternativa a unha estrada sen beirarrúas para as persoas que se dirixen a igrexa, a praia ou a calquera lugar que se atope o outro lado da antiga alameda, nunha zona onde viven mais de 400 veciños. Ademais destes tres edificios públicos, situados nun espazo de non mais de 100 metros, dous dos cales levan tempo prestando os seus servizos e outro que pronto se porá en funcionamento, atópanse na mesma zona tres edificios de vivendas nos cales habitan mais de 300 persoas. A esta, xa de por si complicada situación, debemos engadir o gran incremento de demanda de aparcamento e tráfico de coches e peóns que se produce no verán, e sobre todo cando acontecen actos públicos na Igrexa Parroquial, vodas, bautizos, funerais, comuñóns, etc. o que fai altamente complicada e perigosa a situación do tráfico no barrio. Ademais, desde o peirao do pobo hasta o campo de fútbol, non chega a haber mais de 50 prazas de aparcamento público, nunha área na que residen mais de 700 ou 800 veciños e o longo da cal se atopan 8 edificios de vivendas, unha urbanización, a Igrexa parroquial, o centro de día, o colexio de preescolar, o centro cultural, o polideportivo e o campo de fútbol, a parte dunha gran cantidade de casas de unha ou varias familias. A imperiosa necesidade dos veciños por deixar os seus coches onde malamente poden, fai que a rúa teña zonas onde apenas e posible o paso dun vehículo o longo de largos tramos da estrada, e tendo en conta que por ela transitan autobuses e camións ademais do trafico de turismos, trasfega esta, considerablemente incrementada ca apertura do polígono industrial de Ventín, nun dos barrios mais poboados do Concello, ocasiónanse diariamente graves problemas de circulación nas zonas mais estreitas. Ante o perigo que supón o peche da beirarrúa da alameda para os peóns que se ven na obriga de camiñar po-la estrada, co risco que isto supón para a súa integridade física, o paupérrimo estado de dita estrada, chea de grandes fochancas, que afecta a circulación tanto dos vehículos como dos peóns, a acumulación no barrio de edificios públicos que incrementan notablemente o transito na zona, a necesidade de aparcadoiros para veciños e usuarios dos servizos alí existentes, e ante os continuos atascos que se ocasionan nos tramos mas conflitivos da estrada, coa dificultade engadida que ocasionan os coches dos empregados municipais que traballan no centro cultural, aparcados nesa zona, creando un pescozo de botella de mais de 200 metros, o longo do cal non hai maneira de apartarse para permitir o paso de dous vehículos, complicando tamén o paso dos peóns e obrigando os mesmos a poñeren en resgo a súa integridade, consideramos urxentes e prioritarias, actuacións municipais dirixidas a solucionar este problema que, lonxe de emendarse está sendo acrecentado po-lo propio Concello o aumentar a oferta social diminuíndo o mesmo tempo a capacidade da zona pra acoller tan considerable aumento da actividade . Os veciños de San Xosé e arredores demandamos a inmediata apertura do paso peonil da alameda, a habilitación de zonas de aparcadoiro público para veciños e visitantes, a reparación da estrada e o ensanche da mesma nas zonas mais conflitivas. Temos en conta as grandes inversións que esta a facer o Concello en obras moito menos prioritarias, razón po-la cal non consideraríamos xustificado o argumento de falta de recursos por parte do Concello. Ante esta situación vémonos na obriga de exixir que se tomen as medidas pertinentes, para o cal se leva a cabo esta recolleita de firmas. Desexando que o equipo de goberno atenda as peticións dos veciños e cumpra co seu compromiso e obriga de atopar solucións as necesidades dos cidadáns, esperamos se teña en conta a nosa reclamación e se nos comuniquen as medidas a tomar para solucionar este problema. |
||||
Inicio
Fotos
Historia
de Muros
Contacto
Dereitos reservados