Alternativa Vecinal Independiente muradana

InicioPlenosA PeneiraOpiniónsColaboraciónsParroquiasComentario

A Peneira

2 de novembro


    O goberno municipal comprometeuse a reabrir as instalacións da piscina antes de finalizar o ano. todos os usuarios e muradanos estamos desexando que cumpra co seu compromiso, menos os membros da oposición, que ven mais rendible políticamente que a piscina permaneza pechada que a posibilidade de que os muradanos podamos gozar dese servizo canto antes. Debido ao seu gran interese polo benestar dos seus veciños o grupo socialista está facendo o imposible para que o goberno non poida cumprir a súa promesa e a apertura das instalacións prolónguese durante catro ou cinco anos. Para conseguir este obxectivo están dispostos a acudir aos tribunais utilizando todas as artimañas posibles en beneficio do seu intereses políticos e en contra dos intereses cidadáns.


    Sí están, en cambio, totalmente de acordo coa reapertura se se lle devolve a concesión á empresa coa que eles teñen os seus contactos, a cal empregaba a varias persoas familiares e amigas da antiga alcaldesa, nese caso apoian a iniciativa e conminan ao goberno a ceder ante as peticións da adjudicataria que solicita 70.000€ para continuar coa súa actividade, a pesar do gran descontento que os abonados demostraron ante a xestión desta empresa e do trato que os empregados , moitos deles familiares e amigos de doña Caridade como xa dixemos, dispensaban aos socios.


    Ante esta argumentación por parte do PSOE non me cabe mais que preguntarme, ¿que é o que realmente defenden os membros da oposición? Como colaborador e promotor da plataforma de prexudicados pola pechadura da piscina e como abonado ao cal se lle faltou ao respecto en reiteradas ocasións por parte dos empregados da empresa adxudicaría, non comparto a tese da oposición ao defender a actuación dunha empresa que en ningún momento cumpriu co seu compromiso de gestionar adecuadamente as instalacións, propiciou coa súa política de administración unha chea de baixas de afiliados que foron causa da falta de rentabilidad que logo alegaron para solicitar a subvención municipal e levou finalmente o asunto a unha situación insostenible que alcanzo o seu punto álxido nunha pechadura unilateral, indecente e vergonzosa dunhas instalacións que nos custaron aos contribuientes varios millóns de euros. Se esta é a xestión que defende a oposición cabería preguntarse ata que punto as súas actuacións van dirixidas ao benestar cidadán e que intereses escuros atópanse detrás desa concesión.


    Os usuarios da piscina desexamos a apertura da mesma inmediatamente e se en realidade os membros do PSOE están por apoiar os intereses dos seus convecinos, deberían sumarse a esta iniciativa e non intentar atrasar con argucias legais a apertura para poder logo atacar aos que gobernan.

José Manuel Bermúdez
Presidente de AVIM

 

Copyright AVIM, Muros 2008    ecoestadistica.com