

![]()
Esta agrupación necesita do apoio de todos para conseguir os
seus obxectivos, xa que a forza que temos e a unión de todos cantos vivimos e
traballamos neste Concello. Cantos mais sexamos mais pesará nas decisións do
goberno a nosa opinión e os nosos intereses, evitando que os nosos xestores se
arroguen un poder por encima dos intereses dos cidadáns. Os que gobernan son
xestores pagados por nós e po-lo tanto están o noso servizo, quen se presenta as
eleccións sabe cal e a súa misión aínda que a miúdo esquezan que non son
elixidos como líderes totalitarios senón como administradores dos bens comúns de
toda a sociedade. Para que aqueles de quen depende o noso futuro estean
controlados e fagan aquilo o que se comprometeron nas súas campañas electorais
debemos participar todos, e xuntos vixiar que os que lle pagamos por
administrar, tanto o noso diñeiro como a nosa convivencia en sociedade, cumpran
co seu cometido e non utilicen os cargos para beneficiar a persoas concretas ou
para acadar logros persoais de cara o seu futuro profesional ou económico.
Por esta razón dende AVIM chamamos a todos cantos se sintan parte de esta
sociedade e se vexan comprometidos co futuro dos seus fillos, netos e co seu
propio, se decidan a formar parte da nosa agrupación participando así nas
decisións que, de unha ou outra maneira, lles afectan directamente. Estamos
seguros de que absolutamente tódolos habitantes do Concello teñen algunha
inquedanza que lles gustaría poder expoñer sabendo que a súa opinión se ten en
conta. Pois nos estamos para que ese dereito sexa unha realidade i esperamos ter
o voso apoio. Colabora con nos na construción dun futuro esperanzador. Contacta
con nós e date de alta na nosa agrupación, comprobarás que existe moita xente
con gañas de facer as cousa ben.
Envíanos un Email expoñéndonos as túas dubidas, as túas ideas ou a túa vontade
de ser parte de este novo proxecto.
Dende AVIM agradecemos a túa atención e o teu apoio para facer realidade a nosa
idea dunha democracia real para o concello de Muros.