O Barrio


 

   

 

 

 

Entrega de firmas no Concello

 

Foron entregadas no concello 738 firmas de veciños da zona apoiando un escrito reivindicativo do Barrio no cal se solicita do Concello que abra o paso peonil da Alameda, cree prazas de aparcadoiro e repare en condicións a estrada de Miraflores.

Esta reivindicación faise eco no diario “El Correo Gallego” que explica resumidamente os motivos po-los cales facemos a nosa reclamación.

Tódolos veciños e firmantes deben saber que antes de chegar a recolleita de sinaturas un representante do barrio tubo varias conversas co Alcalde nas cales non recibiu solución nin compromiso algún, senón todo o contrario, debeu soportar respostas irónicas e case despectivas..

Debe saber o señor alcalde que a presentación destas sinaturas é so un primeiro paso na nosa loita por recuperaremos no barrio as facilidades de desprazamento e residencia que sempre tivemos e que o Concello, no seu afán por apropiarse de cada cm2 de solo público, nos usurpou sen o mais mínimo sentido de servizo a comunidade.

Vostede e o alcalde pero nos somos o pobo e po-lo tanto e a súa premisa o  servizo os cidadáns, non o revés  Non dubido que está vostede moi seguro do que significa a democracia. Esperamos o seu dialogo e desexamos que non se deixe vostede levar po-la soberbia, como ocorría cos caciques locais nomeados a dedo nos tempos da ditadura. Segundo a súa disposición o dialogo e a solucionar os problemas que os cidadáns lle expoñen avaliaremos hasta que punto e vostede realmente diferente de aqueles que tantos anos criticou e considerou antidemocráticos. Non me cabe a menor dúbida de que en nada se parece a eles, pero non estaría demais po-la súa parte una acción que demostrase rotundamente o seu compromiso con esta sociedade.

 

18 de outubro de 2010

A fecha 18 de outubro de 2010 recibimos do Concello unha carta na cal se nos comunica por parte do alcalde o acuso de recibo da nosa reivindicación xunto coas sinaturas que acompañaban a mesma.

Do mesmo modo que facemos una dura critica respecto o anterior trato cara  as nosas reivindicacións tamén recoñecemos a disposición o dialogo e a vontade do Concello por buscar unha solución as nosas demandas. Coincidimos co Alcalde na súa exposición dos feitos que levaron a situación que actualmente soporta o barrio, pero recordámoslle tamén que as licencias de obra outorgadas no seu momento para tódalas construcións feitas na zona foron concedidas po-lo propio Concello, os veciños tan so adquirimos unas propiedades que xa habían sido construídas e pagamos relixiosamente por elas, po-lo cal non podemos asumir as consecuencias da mala xestión municipal levada a cabo por os diferentes responsables do Consistorio amén das obras feitas po-lo propio concello para uso municipal totalmente carentes dos servizos básicos de acceso e zonas de aparcadoiro. Por outra parte non debemos  esquecer que una das principais demandas dos veciños e a apertura do paso peonil que discorre po-lo lateral do edificio do antigo centro de saúde, convertido agora en centro de dia para a terceira idade, este paso foi eliminado o faceren esta última reforma no edificio, e recordámoslle que xa gobernaban vostedes cando se comezou a obra e que xa no seu momento recibiron nese Concello as queixas referentes o peche da zona facendo caso omiso as mesmas e amosando unha falta de atención para cos veciños que foi o que nos levou a tomar medidas mais incomodas para todos.

Agradecemos que o Concello poña interese en reparar a estrada, obra urxente e necesaria, pero a apertura do paso peonil non require gasto algún, tan so vontade e un pouco de imaxinación, po-lo cal lle pedimos que, sen renunciar as obras necesarias para a reparación da estrada e a creación de aparcadoiros, as cales seguimos demandando sen demora, procedan axiña a solucionar o tema do paso peonil que e actualmente o mais urxente para os veciños.

Señor Alcalde, vostede coñece, por que así llo expuxemos no seu momento, cal e a solución a ese problema, fácil i económico, sen case obra e sen prexuízo para a capacidade nin as actividades do centro de Día.

Temos en conta a súa vontade de dialogo e contamos conque tomará de inmediato as medidas dirixidas a reabrir o paso que demandan os veciños.

                E sinxelo deducir que o anularen o camiño da alameda non se fai mais que desperdiciaren un terreo que pasa de ser un servizo público a converterse nunha zona desaproveitada que non prestará servizo a ninguén.


InicioFotos Historia de MurosContacto

Dereitos reservados