ActualidadeOpiniónComunidade

Esta páxina aínda está en construcción, po-lo cal non está totalmente operativa de momento.

04/09/2010

     O barrio de San Xosé atopase o sur da Vila de Muros a poucos metros do Concello. E o barrio mas grande da vila en canto a número de habitantes e onde  se concentran a maior cantidade de edificios públicos. O barrio ocupa unha zona elevada sobre o mesmo centro da vila. Estendese desde a Igrexa parroquial  ata o cemiterio vello, e desde o Concello ata o barrio de San Roque, con unhas vistas privilexiadas e un ambiente tranquilo.

                 San Xosé e un barrio composto en grande medida por edificios de vivendas, así como edificacións municipais dedicadas a servizos. Isto fai que exista una considerable cantidade de xente vivindo nun espazo relativamente pequeno e que a trasfega, tanto de vehículos como de persoas, sexa  abundante en comparación con outros barrios residenciais do Concello.       Actualmente estanse a remocicar varios dos inmobles na zona. Concretamente  a chamada casa do Fiel, e o edificio San Xosé, E fai moi pouquiño se terminaron as obras nas Casas Baratas estas actuacións das comunidades destas fincas daranlle o barrio unha imaxe de frescura e modernidade, non acorde, por desgraza, o estado da estrada, beirarrúas e infraestruturas dependentes do Concello, que está a facer deste barrio moderno e cada vez mais activo un feudo municipal o acaparar todo o solo para obras do Concello impedindo os veciños e visitantes facer uso do espazo público, cerrando as beirarrúas i eliminando aparcadoiros, facendo dun barrio dinámico e moderno unha especie de recinto acoutado privado das mais elementais infraestruturas para facilitaren a vida dos veciños . Grazas as decisións do Concello todos cantos peóns percorren  a zona se ven na obriga de xogarse o físico circulando a pe po-la única estrada  que comparten con coches, camións,  autobuses e toda crase de vehículos a motor, actividade que supón un grande resgo para os habitantes do barrio e para todos cantos pasan por aquí en dirección a Igrexa ou simplemente visitando a zona.


 

InicioFotos Historia de MurosContacto

 

Estadisticas Gratis

 
 

   Desta guisa se topa a estrada de San Xosé, desfeita po-los vehí-culos pesados que participaron na    exe-cución da obra do centro de día. (Mais)

 

O can do Hortelano.

Nin come nin deixa comer. Esta e a actitude do goberno respecto a reivindicación feita po-los veciños para que non se cerrase o paso peonil da Alameda (Mais)

Obsesión cultural

Cine París, obxectivo único e principal do goberno, unha inversión millonaria para faceren algo que realmente non necesita o pobo, cartos empregados en adquirir e reformar unha propiedade mais para o Concello na particular carreira dos políticos locais por facerse con un patrimonio municipal innecesario, grandes inversións en locais que ninguén demanda e nos cales se malgastan os recursos económicos do concello a costa de deixar desatendidos servizos prioritarios e necesarios para a normal actividade do Concello e o verdadeiro avance económico e social. (Ler mais)


 

Sociedade

    Con motivo das vacacións do verán, período no cal acoden a nosa Vila gran cantidade de forasteiros e, cada vez mais xente que debido os anos que levan vindo o noso pobo, podemos considerar membros da nosa comunidade, a poboación do Concello vese notablemente incrementada, si ben este incremento e considerablemente inferior o de outros Concellos da comarca, debido principalmente a falta de infraestruturas existente e a unha política enfocada a limitar a afluencia de visitantes levada a cabo desde o goberno mediante actuacións dirixidas a reducir servizos básicos, eliminar prazas de aparcadoiro, dificultar o desenvolvemento comercial e hostaleiro e unha nula promoción turística para dar a coñecer no exterior un dos Concellos mais fermosos de España..